martes, 25 de mayo de 2010

sombra fas parte da luz

Sonche un pouco meiga
coa certeza
que encontrara nunha casa portuguesa
Madia leva coa paciencia
que hai que ter con quen non quere saber
de historias
Reviravoltas que hai que dar,
veña círculos de balde
e circunloquios
e facerlle as beiras
as lóxicas traicioeiras
que son coma os lentes,
máis se buscan cando están por riba do nariz
éche o que hai

vámonos deixar de lerias
e falar de vez de toda sombra
para a que a noite é sempre carnaval
e arreméteme así tan disfrazada
de barullo, de silencio
ou de pacote de pombiñas tostadas
mexido polo vento na xanela

despois ainda han de dicir
que ando a pensar en aparecidos
pero a aparecer que eu saiba non se parecía
sucedía que ficaba todo en calma
calma carregada de misterios
neste conxuro para os que saben do que falo
e tamén para os que non queren saber
non vaia se-lo demo...

na escuridade
ás veces
ás persoas fanse vagalume
mesmo que sexa soñando
ou por descuido
mesmo que sexa breve
que se parece bastante
ao que perdura por sempre

3 comentarios:

  1. jo tia!!! como mola...
    Super super divertido!!! A seguir pasandoo ben.

    ResponderEliminar
  2. moita sensibilidade a que tes rapariga, SI,SI,SI!!! Un saudiño, meniña que fas meigallos coas palabras, :)

    ResponderEliminar
  3. para Anónimo: É moita a risa...

    para Verónica: mira quen foi falar de sensibilidade, nena dos mundos máxicos, un saudiño a ti tamén.

    ResponderEliminar